Home Lugo e contorna Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo

Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo

0
Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo
Accidente dun camión na A-6 / GARDA CIVIL

O envorco dun camión na A-6 no quilómetro 461, á altura de Carballedo, obrigou a cortar un carril da autovía en sentido Lugo na mañá deste martes.

Segundo informan a Europa Press fontes do 112 e da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), un camión quedou envorcado sobre a estrada pouco despois das 9.10 horas. Era unha persoa particular a que alertaba do ocorrido á central do 112 e indicaba que o condutor non estaba ferido e que estaba fóra do vehículo. Ademais, a carga –alpacas de herba– quedaba esparexida polo firme.

De tal forma, quedou cortada a saída do quilómetro 461 da A-6 e un dos carrís ata que finalicen os labores para retirar o camión accidentado.

+ posts