InicioEconomíaA Deputación destina 1,5 millóns a varias obras no Concello de Xermade

A Deputación destina 1,5 millóns a varias obras no Concello de Xermade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, supervisou en Xermade as diferentes obras nas que a institución provincial investiu máis de 1,5 millóns de euros co obxectivo de dotar de máis e mellores servizos aos veciños.

Así o destacou a institución provincial nun comunicado, no que sinala que o mandatario provincial comprobou o resultado dos traballos de acondicionamento da estrada que conecta Momán e As Pontes, na LU-P-2204, renovada na súa totalidade e a creación dun parque con xogos infantís na parroquia de Roupar.

O presidente destacou que esta colaboración económica con Xermade é unha mostra máis do compromiso da Deputación de Lugo con este municipio e cos seus veciños e veciñas. “Sempre digo, a Deputación ten que ser o concello dos concellos, e actuar así é especialmente relevante cando falamos de concellos do rural, que teñen o mesmo dereito a ter servizos públicos de calidade”, sinalou.

Así mesmo, indicou que estas dúas accións favorecen directamente a calidade de vida da xente, porque teñen que ver coa mobilidade e co benestar.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...