InicioSociedadeA área de Lugo volve superar o centenar de casos diarios

A área de Lugo volve superar o centenar de casos diarios

Rebáixase lixeiramente a presión hospitalaria, con catro pacientes menos, pero aumenta a presión na Uci (un máis)

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 3 de febreiro unha leve repunta no total de casos activos por coronavirus: son 2.105 pacientes con infección activa (12 máis ca os contabilizados onte). De igual modo, tamén aumentaron os diagnósticos de casos novos, con 102 detectados nas últimas 24 horas a través de PCR.

En canto á presión hospitalaria, descende no seu conxunto ata situarse nos 91 pacientes, aínda que medra a carga na Uci. Así, hai 65 persoas ingresadas en planta (36 no HULA, 8 na Mariña, 1 no Polusa e 20 en Monforte) e outras 26 nas unidades de críticos (no HULA son 24, e na Mariña 2).

Así mesmo, segundo datos do Sergas, a provincia alcanzou a cifra das 177 vítimas mortais logo de que no día de onte se notificara o falecemento doutras tres persoas. Os datos históricos tamén amosan 8.311 persoas curadas dende o inicio da pandemia e 163.474 PCR realizadas.

GALICIA: MENOS INGRESOS

Na comunidade galega, a presión asistencial volve aliviarse tras descender de novo os hospitalizados con Covid-19, con 55 pacientes ingresados menos, aínda que sen cambios nos que se atopan en UCI, que se manteñen en 247. Mentres, os casos activos tamén volven reducirse lixeiramente en 41 e sitúanse en 22.399. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...

Méndez cre que o papel de María Reigosa “demostra que Candia mercadea con Lugo” e avisa: “Pasará factura”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, cre que o papel de María...

A Deputación aproba destinar 300.000€ a Taboada e Trabada para mellorar varias dotacións locais

    A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou destinar 300.000€ aos concellos de...

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...