InicioSociedadeO Goberno destinará 108,5 millóns a renovar a liña de tren entre...

O Goberno destinará 108,5 millóns a renovar a liña de tren entre Lugo e Monforte

O Consello de Ministros autorizará a licitación de dous contratos, que tamén inclúen a construción do novo túnel de Oural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana investirá 108,5 millóns de euros en dous contratos para modernizar a liña do ferrocarril entre Lugo e Monforte de Lemos.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, sinalou en declaracións aos medios que está previsto que “esta mañá” o Consello de Ministros autorice a licitación de dous contratos por parte do Ministerio de Transportes que “son fundamentais para a conexión de Lugo coa alta velocidade” a través de Ourense.

Trátase, precisou a subdelegada, “da execución de dous proxectos decisivos, como son a renovación da vía entre Lugo e Monforte de Lemos e a construción do novo túnel de Oural-Sarria”.  Estas dúas actuacións “suman un investimento de 108,5 millóns de euros” e supoñen “unha boa noticia” para a provincia, a ollos de Rodríguez.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...