InicioSociedadeCase cen casos activos menos en Lugo, aínda que soben os ingresos

Case cen casos activos menos en Lugo, aínda que soben os ingresos

Nas últimas 24 horas confirmáronse 31 novos positivos na área sanitaria, practicamente a metade dos que se detectaron o día anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este domingo 29 de novembro unha baixada importante no total de casos activos por coronavirus: son 967, 98 menos ca os contabilizados onte. Segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), tamén descenden os casos diarios trala suba do sábado: nas últimas 24 horas confirmáronse 31 novos positivos a través de PCR.

Non obstante, medra lixeiramente a cifra de ingresos, que pasa dos 36 de onte aos 39 deste domingo. O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende catro pacientes na UCI (sen variacións) e 25 en planta (+2); o da Mariña conta sete (+2); e o de Monforte, 3 (-1).

Ademais, no día de onte o Sergas notificou o falecemento no hospital da Mariña dunha muller de 92 anos que estaba diagnosticada de coronavirus. Desta maneira, xa son 121 as vítimas mortais na área sanitaria de Lugo dende o inicio da pandemia.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.123 pacientes e fixéronse 102.384 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 912 probas, case 200 máis ca o día anterior.

GALICIA

Os datos para Galicia amosan unha baixada nos casos diarios (329) e no total de positivos activos, que volven situarse por baixo da barreira dos 8.000. Ademais, tamén se dá unha estabilización nas hospitalizacións, con 388 persoas en planta e 88 na UCI.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...