InicioSociedadeRepuntan os positivos activos e os casos diarios na área sanitaria de...

Repuntan os positivos activos e os casos diarios na área sanitaria de Lugo

A UCI do HULA pasa de seis pacientes críticos a atender só catro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo é a única de Galicia na que repunta o total de casos activos de coronavirus , segundo o reconto ofrecido este sábado 28 de novembro polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son 1.065, cinco máis ca os rexistrados onte. Ademais, tamén volven subir os novos positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas: detectáronse 61 contaxios, case o dobre dos 31 contabilizados na xornada anterior.

Namentres, mantense invariable a cifra de persoas hospitalizadas (36) e redúcese a presión na UCI do HULA, que pasa de seis pacientes a só catro. O Hospital Universitario Lucus Augusti tamén atende 23 doentes en planta; o da Mariña, 5; e o de Monforte, 4.

No histórico da provincia documéntanse 120 falecementos relacionados coa pandemia, sen que este venres se notificara ningún.

Por outra banda, ata o momento curáronse 4.994 pacientes e fixéronse 101.472 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 747 probas. A taxa de positividade sitúase no 12,6%, moi por riba do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...