InicioDeportesO C.V. Emevé ten 11 xogadoras en plantilla trala renovación de Aitana...

O C.V. Emevé ten 11 xogadoras en plantilla trala renovación de Aitana Fernández

A central lucense, de 19 anos, cumprirá a cuarta tempada no primeiro equipo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo anunciou a renovación da central lucense Aitana Fernández Lara, de 19 anos e 1,71 metros de estatura. Cumprirá a súa cuarta tempada no club. O Emevé militará a vindeira campaña en Superliga 1, máxima categoría do voleibol español.

Hoxe en día, o Emevé conta en plantilla coa citada central Aitana Fernández, a tamén central Anllelivis Caballero, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González, a colocadora Carmen Saá, a aposta Julia Paradela, a colocadora Ivelina Avramova, a receptora Tea Andric´, a líbero Paula Lorenzo, a colocadora María Rodríguez Sanjurjo e a central María Aguiar. Anllelivis Caballero, Ivelina Avramova, Tea Andric´e María Rodríguez Sanjurjo son as catro fichaxes polo do momento.

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...