InicioSucesosRouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo dunha cadea de ouro a unha octoxenaria na parroquia de Orosa, en Palas de Rei.  Así o explica a Benemérita que sinala que a vítima, de 88 anos, denunciou que na tarde do xoves cando se atopaba sentada nun banco que ten no exterior do seu domicilio achegóuselle unha muller.

Tras conversar un intre, esta abandonou o lugar e, momentos máis tarde, a vítima deuse conta que lle falta a cadea de ouro que levaba ao pescozo.

A Garda Civil explica que se trata dun método mediante o cal os estafadores abordan a persoas, na súa maioría de avanzada idade, en plena rúa e de forma próxima e mesmo cariñosa para facerlles algunha consulta ou ben un ofrecemento.

É entón cando aproveitan o contacto físico que se produce durante a despedida para roubarlles algún obxecto de valor que este a o seu alcance”. Agora, a Benemérita continua coa investigación para esclarecer os feitos, identificar á autora e recuperar o obxecto subtraído.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...