InicioPolíticaOs orzamentos de Lugo ascenderán a máis de 106 millóns

Os orzamentos de Lugo ascenderán a máis de 106 millóns

O PP critica o goberno local por "aparcar o diálogo" e o "consenso" no que respecta ás contas do 2021.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os orzamentos do Concello de Lugo para o ano 2021 ascenderán a 106.478.713 euros, un 6,5% máis ca os deste exercicio, segundo informaron este xoves en rolda de prensa a alcaldesa, Lara Méndez, e o tenente de alcalde, Rubén Arroxo.

Na súa intervención, Méndez destacou que son “uns orzamentos excepcionais, para unha situación pandémica excepcional”, á vez que os describía como “solidarios, e pensados para a recuperación de Lugo”. As contas serán levadas a un pleno extraordinario o próximo 18 de decembro.

Da cantidade total, 31,2 millóns dedícanse a políticas “sociais”, o que supón “un 29,3 por cento” do orzamento, co obxectivo de conseguir melloras na calidade de vida nos ámbitos rural e urbano e por integrar aos sectores máis desfavorecidos” da cidade. Así mesmo, outros 13,8 consígnanse para “políticas de benestar”, concretaba Méndez.

Ademais, contémplase outra partida de 5,3 millóns de euros para “axudas a autónomos e emprendedores”. En canto a investimentos, o concello de Lugo reservará case 15 millóns de euros, “un corenta por cento máis”, presumía a alcaldesa, ca os de 2020 (10,4 millóns)

Pola súa banda, o primeiro tenente de alcalde, Rubén Arroxo, congratulouse de que estes orzamentos sexan “expansivos”, e apelou a que, nesta situación de crise sanitaria, “as administracións son as que teñen que facer grandes investimentos”.

O PP PIDE DIÁLOGO

Á súa vez, o anuncio destes orzamentos non sentou ben no grupo municipal do PP, que traslada o seu “malestar” polas formas nas que o bipartito presentou as contas, ao “ofrecer a información antes aos medios de comunicación ca aos grupos da oposición”.

Os populares critican que o goberno local “rexeita traballar de forma conxunta e aparca o diálogo“, cando “o lóxico sería traballar sobre un borrador” e “chegar a consensos”. Aseguran que non obtiveron resposta a ningunha das 47 propostas que presentaron o 5 de novembro para incorporar a este documento.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...