InicioSociedadeDoce anos de prisión para un acusado de abusar sexualmente da filla...

Doce anos de prisión para un acusado de abusar sexualmente da filla da súa parella

A Audiencia Provincial considera probado que o sospeitoso cometía tal delito no domicilio familiar dende que a rapaza tiña once anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a doce anos de cárcere un sospeitoso de abusar da filla menor de idade da súa parella desde que tiña once anos. O tribunal considérao autor dun delito continuado de abuso sexual con acceso carnal sobre a menor de dezaseis anos e con prevalemento de superioridade. Ademais, impúxolle dez anos de liberdade vixiada e a prohibición de comunicarse por calquera medio e aproximarse á vítima durante vinte anos, así como o pagamento dunha indemnización de 15.000 euros.

Os maxistrados consideran acreditado que o sospeitoso cometía os abusos no domicilio familiar, cando quedaba ao coidado da vítima e dos seus dous irmáns, xa que a súa nai adoitaba chegar a casa pasada a medianoite debido ao seu traballo. Os xuíces entenden na resolución que a presunción de inocencia queda “destruída” porque “non existe ningún elemento que autorice a dubidar” de que os feitos ocorreron segundo se declaran probado, en especial, “o testemuño da menor, que pola natureza dos feitos axuizados é a proba esencial, aínda que non única, para acreditalos”.

O tribunal salienta que a versión da vítima “reúne os requisitos esixidos xurisprudencialmente para dotala de valor probatorio”. A Audiencia conclúe que o acusado, “con ánimo de satisfacer os seus apetitos sexuais, en numerosas ocasións realizou actos de carácter sexual sobre a menor, en cuxa cama se metía cando non estaba a súa nai”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...