InicioSociedadeDenuncian a eucaliptización de amplas zonas da Terra Chá

Denuncian a eucaliptización de amplas zonas da Terra Chá

Terra Chá Sostible di que se está plantando esta especie en 64 parcelas que cubren máis de 100 hectáreas tan só nos concellos de Begonte, Outeiro de Rei, Lugo, Castro de Rei e Friol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Terra Chá Sostible ven de presentar nesta segunda semana do mes de maio diante da xefatura territorial de Medio Rural e Mar de Lugo dúas denuncias por plantacións ilegais de eucalipto en terras agrarias e praderías na comarca da Terra Chá.

As denuncias abranguen máis de 64 parcelas e cubren máis de 100 hectáreas tan só nos concellos de Begonte, Outeiro de Rei, Lugo, Castro de Rei e Friol. “Por culpa da falla de control por parte da administración, as plantacións ilegais en terras agrarias , as talas das nosas fragas e a roturación e destrución de matogueiras e outros hábitats autóctonos para a súa posterior plantación con esta especie exótica invasora estanse a disparar na comarca“, denuncia a entidade nun comunicado.

Ademais, apunta que esta situación está a causar un problema de escaseza de terras para os gandeiros , subindo o prezo das mesmas e facendo que as parcelas existentes “estean sufrindo unha excesiva intensificación, con gran uso de pesticidas e emendas químicas que rematan contaminando as augas e acuíferos”. Tamén denuncia que se están producindo tallas de carballeiras para convertelas en terras agrícolas, “mentres que moitas terras agrícolas estánse transformando ilegalmente a eucalipto”.

“MORATORIA PARA O EUCALIPTO”

Neste sentido, di que o feito de que a Xunta de Galicia acabase de aprobar a Lei de recuperación de terras agrarias e chamada “moratoria do eucalipto” é  indicativos desta situación. “A xente que vive no rural e do rural podemos ver tódolos dias que a eucaliptización da Terra Chá (e de Galicia en xeral) non é xa só un problema paisaxístico, senón que tamén se converteu nun problema ambiental, social e nun futuro converterase nun problema económico”, indica.

Un problema que, di, leva ao abandono do rural e o éxodo da poboación ás cidades. “Isto xa está a acontecer nas comarcas da Mariña e Ortegal, onde atopamos o maior número de aldeas abandonadas de Galicia e onde podemos ver aldeas coa totalidade dos seus terreos de cultivo plantados a eucalipto imposibilitando así o retorno ao rural e supoñendo a sentenza de morte final para esas aldeas”, critica.

Terra Chá Sostible fala xa de “desastre ecolóxico e social” e di que a”boom” de plantacións, sobre todo de eucaliptos, supón un “desastre económico, nefasto para o rural galego”.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

O PP acusa á Deputación de financiar con fondos públicos á Federación de Veciños e os ‘hooligans’ da directiva

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo amosaron hoxe a súa...

A plataforma contra o transfuguismo convoca unha nova protesta antes da moción de censura en Lugo

A plataforma ‘Transfuguismo Non, Democracia Si’ convocou unha terceira concentración para protestar contra a...