InicioLugo e contornaA Xunta defende que a electrificación dun tramo ferroviario entre Monforte e...

A Xunta defende que a electrificación dun tramo ferroviario entre Monforte e Lugo non causará grande impacto medioambiental

PUBLICADA O

- Advertisement -

O proxecto de electrificación dun tramo ferroviario entre Monforte de Lemos e Lugo recibiu unha valoración favorable por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que asegura que a súa execución non producirá “impactos significativos” sobre a fauna e flora da zona.

En concreto, a medida contempla a implantación dunha nova liña eléctrica aérea de contacto na infraestrutura ferroviaria existente entre Monforte de Lemos e Lugo.

Ademais, tamén se incluirá unha subestación de tracción na parroquia de Oural, no concello lugués de Sarria, así como a construción de seis centros de transformación.

Na actualidade esta liña de tren atravesa en dous puntos unha zona de especial conservación, con todo a Dirección Xeral de Patrimonio Natural asegura que “non son previsibles impactos ambientais significativos”, xa que case todas as actuacións se executarán sobre as cimentacións xa existentes.

Así, a condición de que se cumpra coas “medidas contempladas no documento ambiental achegado polo promotor e se garanta a adopción doutras adicionais” permitirá que non haxa consecuencias negativas.

Neste sentido, o informe sinala a necesidade de “evitar calquera afectación á calidade das augas dos cursos fluviais”, polo que pide “especial atención” aos traballos de movemento de terras e esixe a instalación de dispositivos anticolisión para aves.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...