InicioMovementos sociaisA Xunta anula os convenios con clínicas para doentes de parálise cerebral...

A Xunta anula os convenios con clínicas para doentes de parálise cerebral ou TDAH

Familias e asociacións da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte denuncian que pasaron a asumir o custe das sesións sen previo aviso de Sanidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade eliminou os convenios coas clínicas que tratan ás persoas con parálise cerebral e Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). Familias e asociacións deben asumir o custe das sesións pola eliminación do servizo de logopedia e fisioterapia sen que o departamento autonómico o notificara previamente. A situación, explican dende o Bloque Nacionalista Galego, afecta a toda a área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

A parlamentaria nacionalista por Lugo, Olalla Rodil, e mailo alcaldable na capital lucense, Rubén Arroxo, transmitiron as reivindicacións da Asociación de Parálise Cerebral e dos afectados polo TDAH na provincia, animando a asistir “masivamente” á maifestación de SOS Sanidade Pública deste domingo na capital galega. A convocatoria quere expresar o rexeitamento ás consecuencias dos recortes en materia sanitaria, en especial “os que afectan ás persoas con máis dificultades”.

“Dende hai semanas –explican dende o Bloque– a Consellería de Sanidade eliminou os convenios con clínicas que prestaban servizo de logopedia e fisioterapia” para as persoas con dano cerebral e o citado trastorno, en moitos casos cativos. A supresión, nunca comunicada por Sanidade, obriga a familiares e activistas a sufragar o gasto das sesións semanais.

(Arquivo) Arroxo, Ferreiro e Rodil no barrio da Residencia | BNG
(Arquivo) Arroxo, Ferreiro e Rodil no barrio da Residencia | BNG

A formación esixirá no Parlamento de Galicia a recuperación inmediata dos servizos, e a contratación de persoal no Servizo Galego de Saúde “para atender as necesidades da poboación no conxunto da Área Sanitaria” de Lugo, A Mariña e Monforte. “Este é un exemplo máis da política do Partido Popular á fronte da Xunta de Galicia, poñendo contra as cordas a pacientes e profesionais sanitarios”, abundou Rodil.

Pola súa banda, Arroxo precisou que a provincia perdeu 157 dos 1.413 profesionais de Atención Primaria entre 2009 e 2019. “Esta política de recortes está a danar un dereito fundamental como a sanidade pública e as consecuencias son cada vez máis visibles e insostibles”. No conxunto galego, os investimentos do goberno autonómico para o 2019 suporán 188 millóns de euros menos que os que había en 2009 para a Atención Primaria.

O candidato do Bloque Nacionalista Galego citou entre outras problemáticas a masificación das consultas, a falta de substitucións, os cupos desbordados e a “situación límite” dos Puntos de Atención Continuada, coma o de Fingoi, o único que dá servizo á cidade de Lugo. 

ÚLTIMAS

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...

O PP de Lugo sinala informes de servizos municipais que advirten sobre contratos caducados

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, acusou ao goberno local, que dirixe...