InicioSociedadeAs Termas reabre as súas portas este luns 25 de maio con...

As Termas reabre as súas portas este luns 25 de maio con limitacións

Os locais non poderán ter máis do 40% da súa ocupación, mentres que nas zonas comúns o aforo está restrinxido ao 30%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O centro comercial As Termas, en Lugo, abre hoxe, 25 de maio, as súas portas tras permanecer pechado case totalmente dende o mes de marzo por mor do estado de alarma. Ata o de agora só puideron atender ao público o hipermercado Eroski, a gasolinera e a tenda de animais Kiwoko, todos eles establecementos con bens de primeira necesidade. Agora, coa entrada da fase 2 da desescalada, as grandes superficies comerciais tamén teñen permitida a súa apertura cunha serie de medidas de prevención.

Segundo a normativa, a ocupación dos locais estará limitada ao 40% no seu interior, mentres que as zonas comúns só poderán albergar un 30%. Poñerase en marcha un protocolo de desinfección e limpeza periódica das instalacións, ademais de que se dispoñerá de dispensadores de xel para os usuarios en todo o espazo. Do mesmo xeito, instalaranse lámpadas de esterilización ultravioleta para a hixienización de superficies de contacto, como os pasamáns das escaleiras mecánicas ou o ascensor.

O horario de apertura do centro comercial será de 10:00 a 22:00, como vén sendo habitual.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...