InicioPolíticaElena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

A nova rexedora asiste aos actos militares mentres preto de 300 persoas se manifestan pola retirada da bandeira de Palestina do centro cultural O Vello Cárcere

PUBLICADA O

- Advertisement -

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de Lugo, na súa segunda xornada como máxima responsable do goberno municipal. A nova alcaldesa, que chegou ao cargo tras a moción de censura consumada o pasado xoves, estivo acompañada por varios concelleiros e concelleiras do seu equipo: Cristina Sanz, Antonio Ameijide, Silvia Colmenero, Agustín Gallego, Aurora Goás e Gustavo Díaz.

A xornada serviu como preámbulo á Xura de Bandeira para civís prevista para este domingo ás 12.00 horas. A programación do día incluíu un desfile no que tomaron parte a Sección de Movementos Florados e a Unidade de Música da Garda Real, que percorreron as rúas da cidade desde a Praza da Deputación Provincial ata a Praza de Santa María, realizando paradas ao longo do traxecto para executar evolucións e mostrar destrezas co fusil. Ao remate do percorrido, celebrouse unha ofrenda floral á Virxe dos Ollos Grandes na Catedral de Santa María de Lugo.

PROTESTA POLA BANDEIRA DE PALESTINA

En paralelo ao desenvolvemento destes actos institucionais, a xornada tamén estivo marcada por unha concentración de protesta que reuniu a preto de 300 persoas nas rúas de Lugo. Os manifestantes expresaron o seu rexeitamento á decisión de Candia de retirar a bandeira de Palestina que estaba exposta no balcón do centro cultural O Vello Cárcere. Esa decisión produciuse na mesma tarde do xoves, coincidindo coa aprobación da moción de censura que a converteu en alcaldesa.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...