InicioPolíticaA Deputación apoia a VI Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña...

A Deputación apoia a VI Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña en Cervantes

O Deputado de Medio Ambiente asistiu á celebración desta cita na que a institución provincial presentou 3 xovencas do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, que acadaron un prezo medio de 3.600 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado en San Román de Cervantes na sexta edición da Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña. Esta tradicional cita conta co respaldo da institución provincial, que colabora cunha achega económica de 6.000€.

O evento comezou ás 08:00 horas coa recepción do gando e a recollida de credencias e continuou coa votación do xurado segundo as categorías a premiar. Posteriormente, tivo lugar a poxa de novelas de ACRUGA na que a Deputación vendeu tres xovencas do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. Os exemplares acadaron un prezo medio de 3.600 euros.

A Asociación Territorio Verde co apoio do Concello recuperou no ano 2019 esta tradicional feira co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e enxalzar o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense. O programa de actividades desta sexta edición tamén incluíu a entrega de premios aos mellores animais, actuacións musicais, sorteos e un concurso de vacas asturianas.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...