InicioMedioambiente e PatrimonioCritican que a Xunta vaia autorizar outro "campionato de caza" para "exterminar...

Critican que a Xunta vaia autorizar outro “campionato de caza” para “exterminar raposos”

A asociación Animalista Libera denuncia a previsible autorización dunha nova "macrobatida" en Portomarín, Guntín, Monterroso e Paradela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo animalista Libera critica que a Xunta de Galicia autorice previsiblemente este sábado 8 un novo “campionato” para “exterminar raposos”. Desta volta, desenvolveríase entre os concellos de Portomarín, Guntín, Monterroso e Paradela. Segundo eles, é unha maneira de “camuflar” unha “macrobatida” coma se fose unha actividade de carácter deportivo.

A asociación asegura que “por quinta vez nas últimas semanas, nin o executivo autonómico nin os promotores destas cacerías advertiron con tempo suficiente á cidadanía das súas pretensións”. Aos seus ollos, iso supón unha nova vulneración da Lei de Emerxencias de Galicia. 

Así mesmo, Libera lembra que xa se teñen realizado outras “pseudocompeticións” similares nesta mesma zona en anos anteriores. Na do 2019, din, un cazador resultou ferido tras enredarse nuns arames e dispararse nunha perna. “Iso evidencia o escaso control das autoridades polas zonas nas que transitan persoas con armas de fogo“, engaden dende o colectivo animalista.

Por outra banda, tamén censuran que a Administración considere que matar raposos é un deporte, “equiparable a calquera encontro de tenis ou de baloncesto”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...