InicioPolíticaCampos prefire non presentar listas a levar "xente de fóra" nos concellos

Campos prefire non presentar listas a levar “xente de fóra” nos concellos

O presidente da Deputación e alcalde da Pontenova, Darío Campos, afirma que o Partido Socialista "tentará" presentar candidaturas nos 67 concellos lucenses

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación, Darío Campos, é contrario a que o Partido Socialista complete as listas na provincia de Lugo con membros da formación alleos á realidade local de cada concello. O asemade rexedor da Pontenova afirma que é preferible “non presentar candidaturas” se están compostas por “xente de fóra”. En datas recentes especulouse coa posibilidade de que o secretario xeral dos socialistas lucenses e voceiro en Friol, Álvaro Santos, se presentase na capital para reforzar o proxecto da actual rexedora, Lara Méndez, procedente de Cervo.

Campos admite que neste intre “se cadra é difícil” presentar listas nos 67 concellos da provincia de Lugo para os comicios locais do 26 de maio. Mais esta circunstancia, en opinión do presidente da Deputación, non debe levar á formación a levar foráneos. “Ás veces, é mellor non presentar candidaturas se a xente non é de alí que presentar unha candidatura con xente de fóra”.

“Hai que tentalo; se se pode, ben, e senón, non pasa nada”, declarou Campos pouco antes dun acto no Centro de Artesanía e Deseño (Centrad). Preguntado polo inminente ciclo electoral, que inclúe comicios xerais o 28 de abril, afirmou que o Partido Socialista “afronta co traballo feito” unha “época dura”. “Só queda vendelo e seguir traballando así ata o final da lexislatura”, reivindicando o liderado á fronte da Deputación, onde “estamos a sacar obras para adiante e a mellorar a calidade de vida de todos os lucenses”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...