InicioCulturaOs cantos de taberna, tradición e reclamo para o inverno

Os cantos de taberna, tradición e reclamo para o inverno

O casco vello de Lugo recupera o costume dos cantos de taberna, inspirados polo éxito desta iniciativa en vilas da contorna

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este sábado, os establecementos da Rúa da Cruz relanzan a tradición dos cantos de taberna. Este costume, que sigue presente no sur e no leste da provincia, xurdiu de xeito espontáneo a mediados de século e desapareceu contra finais dos setenta, coa aparición de carteis que lían prohibido cantar. Será a partir das 20.00 horas, con sete locais animados pola música e o canto de catro agrupacións.

A iniciativa de recuperar os cantos de taberna xurdiu mercé a xuntanza da responsable de O Castor co rexente do Las Cinco Vigas, os máis novos na Rúa da Cruz, e outrora compañeiros. Convencidos da necesidade de facer cousas novas para mellorar as perspectivas de negocio durante o inverno, atoparon a colaboración do Bulló e entre os tres puxeron de acordo ao resto de locais  que participarán dos cantos de taberna (Millenium, Karrusel, People e A Tasca).

Inspiración en Lemos e na Montaña

Representantes dos establecementos da Rúa da Cruz | Óscar Bernárdez
Representantes dos establecementos da Rúa da Cruz | Óscar Bernárdez

A xornada permitirá recuperar parte da cultura do casco vello e, por extensión, da provincia. É un espectáculo aínda presente en moitas vilas de Lugo, sendo típico da Pobra do Brollón, onde colleitou notable éxito dende hai case unha década. Mirva, de O Castor, comprobou alí o medrar dos grupos participantes dos cantos de taberna, que enchen de vida o lugar e poboacións veciñas.

En principio, os cantos de taberna limitaranse ao sábado; de funcionar, a idea é amplialos a toda a fin de semana en futuras convocatorias. Queda limitado tamén na dimensión especial, mentres o formato está a proba. Despois, poderían seguir A Rúa Nova e Praza do Campo, pois é intención dos promotores abranguer todo o centro de Lugo con esta arte enxebre.

O contacto coas catro agrupacións participantes fíxose a partir dos círculos de amizades e dos socios dos negocios. Os intérpretes serán convidados a comida e bebida, negándose a cobrar polo que entenden por unha afección particular. Esta aproximación implica que o formato será distinto do orixinal, caracterizado pola improvisación; aínda que dependendo do resultado podería mudar de estilo, participarán comparsas de ata dezaoito integrantes.

Música tradicional sen horario de peche

Como é lóxico, os establecementos reparten comida e tapas e teñen as súas limitacións, polo que controlarán o tamaño das agrupacións, garantindo acceso para os clientes. Haberá grupos con clarinetes, gaitas, pandeiras e acordeón, e tamén sin instrumentos, todos de estilo tradicional galego.

En comparación con outras iniciativas de dinamización, os cantos de taberna son típicos do inverno, polo ambiente de interior que xeran. Así funciona na Pobra, sendo típico de decembro, e o mesmo na Fonsagrada. Relacionados co tempo máis frío, resultan nun interesante reclamo para os meses de menor afluencia. Por outra banda, pode ser complicado congregar á xente dos grupos mentres desfrutan das vacacións no estío, que é tamén cando os locais soportan máis carga de traballo.

Así as cousas, a xornada de reestrea do sábado terá horario de oito a once. Durante a noite, se a xente está cómoda e hai bo ambiente, poderán continuar sen problema de hora, pois contan co prace do Concello de Lugo e a colaboración da patronal Lugo Monumental.

Xabier Iglesias, de Oxeito: “Hai espazo para outro xeito de bailar, para evolucionar”

ÚLTIMAS

Coñece navegando o corazón da Ribeira Sacra

Os canóns do Sil son un dos monumentos naturais máis impresiontantes de Galicia. Son...

Terá Lugo nova estación de tren e autovía a Santiago en 2025?

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, garantiu este venres en Lugo que...

O Arde lucus xa está aquí, as lexións romanas tomaron a cidade

Preto de chegar ás 21,00 horas na ponte romana da cidade, dun lado estaban,...

Investigado un traballador do Concello de Lugo por presuntos abusos sexuais

Un traballador social do Concello de Lugo atópase actualmente investigado como presunto autor dun...