InicioCulturaVolve outra tradición do casco histórico de Lugo, a dos cantos de...

Volve outra tradición do casco histórico de Lugo, a dos cantos de taberna

Os locais da rúa da Cruz unen esforzos a prol desta costume nacido a mediados do século pasado e que forma parte do patrimonio inmaterial galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os establecementos da rúa da Cruz apadriñan a recuperación doutra fermosa tradición propia do casco histórico de Lugo, a dos cantos de taberna. A primeira ocasión será o vindeiro sábado 9 de febreiro, a raíz da reunión de catro agrupacións a partir das 20.00 horas, animando este popular treito con música e canto, continuando mentres o ambiente así o mereza.

O costume dos cantos de taberna naceu espontaneamente a mediados do século pasado, cando os grupos de amigos se xuntaban para tomar as cuncas de viño nos locais da zona vella. Alí trasladaban a pasión pola música, e en especial polo canto, cunha actividade que tivo continuidade ata finais dos setenta, cando comezaron a esparexerse os carteis co rótulo “prohibido cantar”.

A iniciativa, que parte dos locais da rúa da Cruz, ten a inspiración do éxito dos certames desta tónica que se celebran en vilas e cidades de toda Galicia, con particular pegada no sur da provincia de Lugo. Os cantos de taberna, explican os organizadores, forman parte da cultura inmaterial da terra e o costume segue moi estendido.

Da primeira vez participarán Searas, Amigos do Caldeiro, Os corenta e Chinco, e Os do 13. Co soporte da asociación empresarial Lugo Monumental e o Concello de Lugo, sete locais acollerán os cantos de taberna: Bulló, Millenium, Karrusel, Las Cinco Vigas, O Castor, People e A Tasca.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...