InicioPolíticaCSIF ameaza con querelarse contra Lara Méndez polo dispositivo de Reis

CSIF ameaza con querelarse contra Lara Méndez polo dispositivo de Reis

O sindicato, responsable doutro proceso xudicial polo despedimento dunha asesora, observa posible prevaricación e usurpación de funcións na organización da seguridade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) estuda interpor unha querela contra a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, “por prevaricación e posible indución a usurpación de funcións” no dispositivo da cabalgata de Reis. Así o anunciou o secretario da sección sindical no consistorio, Benito Martínez.

O responsable de CSIF  sinalou que, para o 5 de xaneiro, “o xefe da Policía Local estaba a gozar de vacacións previas á súa xubilación”, polo que “non había policías abondo para garantir a seguridade no percorrido das carrozas”. Sempre segundo este relato, “con tres días de antelación” á cabalgata, a rexedora “comezou a entregar decretos que obrigaban a varios axentes a traballar no seu día libre”.

Ordes “ilegais” a Policía Local e Protección Civil

Martínez denuncia que “nin así” conseguiron reunir “máis de cinco axentes, e o día da cabalgata obrigou, mediante orde verbal e sen ningunha notificación de urxencia, aos oitos policías que traballaron na quenda de mañá que quedasen a traballar pola tarde, facéndolles traballar 15 horas sen descanso”.

O sindicalista tamén criticou que a alcaldía ordenase “a un oficial que se responsabilizase do operativo”, malia que dita orde era “ilegal” porque esas funcións “corresponden a un superior, a un inspector, que é rango superior”. Outro aspecto sobre o que incidiu é que, de acordo coa súa versión, Méndez “mandou a unha asesora eventual responsable de Protección Civil que improvisase cos voluntarios ao seu cargo, os cales nalgún momento usurparon funcións propias da policía”.

Sería a segunda querela de CSIF contra Méndez

Por estes motivos, CSIF valora interpor a querela por supostas prevaricación e usurpación de funcións, en relación á “orde ilegal” ao oficial de policía e as instrucións a Protección Civil. Martínez asegura que esta “improvisación” no dispositivo de seguridade levou a que un pai perdera “momentaneamente” ao seu fillo.

De continuar pola vía xudicial, trataríase da segunda querela que presenta este sindicato contra a alcaldesa. A anterior está en proceso de instrución pola maxistrada Pilar de Lara, pola extinción da relación laboral dunha asesora xurídica do Concello fóra do prazo estipulado.

O Concello desmárcase do pregón de reis que censura a oposición

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...