InicioPolíticaSantos descarta pactos entre socialistas e populares nas municipais

Santos descarta pactos entre socialistas e populares nas municipais

O secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos, afirma que a formación unicamente contempla pactar con forzas progresistas tralas municipais do 26 de maio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O líder do Partido Socialista na provincia de Lugo, Álvaro Santos, rexeita a posibilidade de eventuais pactos co Partido Popular a raíz das eleccións municipais do 26 de maio. O secretario xeral provincial confirmou este punto despois das declaracións do máximo dirixente do socialismo galego, Gonzalo Caballero, que apuntan na mesma dirección.

Santos explicou, como publica GaliciaConfidencial, que os acordos do PSdeG se producirán con aquelas forzas políticas “que impulsan o progresismo, e que perseguen mellores servizos e mellores infraestruturas”. Nas declaracións recollidas por Europa Press, o líder provincial afirmou coincidir coas teses de Caballero. “O que dixo o secretario xeral, á parte de acertado, é o que vén facendo o Partido Socialista dende sempre”.

Por outra banda, Santos animou a Caballero a incorporarse ao Parlamento de Galicia, porque cre que dende o Hórreo podería desenvolver mellor o seu “traballo de fiscalización”  ao goberno autonómico do Partido Popular. Con anterioridade, o secretario xeral do partido en Galicia xa admitira esta posibilidade na Cadena Ser, dando a entender que a entrada á cámara se produciría “antes do verán”.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...