InicioPolíticaMartínez queda sen os soldos millonarios pola marcha atrás do PP

Martínez queda sen os soldos millonarios pola marcha atrás do PP

A rectificación do Partido Popular para facilitar a aprobación dos orzamentos provinciais deixa ao presidente de Suplusa, Manuel Martínez, sen os 121.000 euros anuais que acordara cos populares

PUBLICADA O

- Advertisement -

A aprobación dos orzamentos provinciais pasou pola abstención do Partido Popular, que chegou á sesión plenaria cun entendemento definitivo co goberno da Deputación. A formación que lidera Elena Candia introduciu as enmendas que consideraba prioritarias, deixando atrás os intereses do deputado non adscrito. No acordo definitivo non constan os dous soldos que acordaran con Manuel Martínez, polos que cobraría outros 121.000 euros anuais.

Esta contía derivaba de dous acordos que dependeron do Partido Popular: o primeiro, no pleno da Deputación, para unha dedicación exclusiva de 50.000 euros; e o segundo, no Consello de Administración de Suplusa, sociedade que preside Martínez, e que supoñía para o histórico deputado socialista un salario de 72.000 euros, ademais da contratación dun asesor de confianza por 52.000 euros adicionais. A asignación como alcalde de Becerreá, aprobada en abril, é de 41.000 euros. Son cantidades que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu publicamente.

Elena Candia e Carlos Armesto durante a sesión

Finalmente, os populares facilitaron a aprobación das contas sen incluír nin a dedicación exclusiva na Deputación nin o soldo na partida específica de Suplusa, que ademais queda reducida con respecto ao orzamento anterior.

A abstención permitiu aos populares concretar medidas orzamentarias para as residencias da terceira idade, dando aos concellos a potestade de que poidan elixir a entidade que xestionará os centros da terceira idade (para que Suplusa poda manter esta función). O goberno provincial aceptou estas engádegas coa condición de que a escolla dos concellos se faga con arreglo á legalidade, á espera da postura xudicial sobre as encomendas de Suplusa.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...