InicioPolíticaFeijóo defende que Manuel Martínez cobre o mesmo ca el

Feijóo defende que Manuel Martínez cobre o mesmo ca el

O presidente da Xunta apoia que cobre máis de 71.000 euros coma presidente do Suplusa, tal e como pactou co PP. O alcalde de Becerreá xa cobra máis de 40.000 euros coma rexedor e ten aprobada unha adicación exclusiva, tamén pactada cos populares, de 50.000 como deputado non adscrito

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Núñez Feijóo baseou a súa campaña electoral do 2009 na denuncia do despilfarro en supostos coches de luxo e en soldos de conselleiros e de cargos de “chiringuitos” do bipartito. Unha agresiva campaña que tivo impacto nos medios e coa que conseguiu chegar á Presidencia da Xunta.

Nove anos despois, e xa afianzado como presidente con tres gobernos consecutivos de maioría absoluta, aquelas denuncias de despilfarro parecen ter quedado en nada. El mesmo é o que defende agora soldos astronómicos para cargos de entidades que moitos consideran chiringuitos, como é o caso do Suplusa, da Deputación de Lugo. Así o manifestou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, tal e como recolle Galicia Confidencial.

O PP aproba outro salario de 72.000 euros para Martínez en Suplusa

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...