InicioPolíticaO PP denuncia que BNG e Vilalba Aberta "non están para dialogar"...

O PP denuncia que BNG e Vilalba Aberta “non están para dialogar” para unha moción de censura

Os populares explican que “o representante do BNG non puxo, nun principio, impedimento ningún a reunirse co PP vilalbés”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG e Vilalba Aberta non están para dialogar, senón polo non a todo”, segundo advirten dende o PP Vilalba trala negativa de ambas forzas a manter reunións de traballo que tiñan proposto os populares a pasada semana para “dar resposta ás necesidades do Concello e dos vilalbeses”. Pero, “o BNG eliminou, dun día para outro, a pesar de que xa tiñamos data marcada e Vilalba Aberta non quere dialogar nin reunirse con nós”, explican.

O Partido Popular de Vilalba reiterou a súa vontade de diálogo e colaboración co resto de forzas políticas do municipio co obxectivo de desbloquear a situación actual do goberno no Concello onde a alcaldesa, a socialista Marta Rouco, “non logrou aprobar os orzamentos municipais, nin superou unha cuestión de confianza á que chegou abocada pola súa propia soberbia e arrogancia”.

Os populares explican que “o representante do BNG non puxo, nun principio, impedimento ningún a reunirse co PP vilalbés”. De feito, “había data marcada”. “Pero a raíz das últimas noticias sobre a posible moción de censura en Lugo anulou a reunión”, apuntan. O PP cre que “os intereses de Vilalba deben situarse por enriba de dinámicas políticas externas”.

Pero “o BNG parece estar máis pendente de resolver os problemas do seu partido que os problemas dos vilalbeses”. Polo que cren que “terá que explicarlles aos veciños e veciñas para que votou en contra dos orzamentos municipais se non acepta ningunha solución alternativa. É un claro caso do non polo non do BNG”.

Vilalba Aberta tamén rexeitou a posibilidade de manter un encontro co Partido Popular. Para os populares, esta negativa súmase á xa expresada por outras formacións como o BNG e o PSOE o que, ao seu xuízo, “evidencia unha postura conxunta de rexeitamento a calquera iniciativa que proveña do grupo popular”.

Desde o PP de Vilalba cren que “todo isto deixa claro o futuro político de cara ás vindeiras eleccións municipais: Vilalba Aberta e BNG sempre van apoiar a cegas ao PSOE”. Polo tanto, hai dúas opcións: “ou o PP saca maioría absoluta ou repetirase a situación de inestabilidade dun goberno de esquerdas”.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...