InicioPolíticaCandia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

Rubén Arroxo cualifica a situación como un "golpe de estado municipal".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A moción de censura que arrebatá o goberno de Lugo ao bipartito do PSOE e do BNG faise realidade. O PP, coa alcaldesa en funcións Elena Candia á fronte, e María Reigosa, a concelleira que deixou o PSOE, deron un paso adiante este mércores. De feito, Candia e Reigosa comparecerán este mesmo mércores para explicar o pacto nun hotel lucense.

A tensión aumentou nas últimas horas tanto no Concello como no eido político autonómico, aínda que os contactos se viñan intensificando desde hai días e daba por feito que a iniciativa se presentaría esta semana. O PPdeG, con Alfonso Rueda e Paula Prado ao fronte, deu luz verde a esta iniciativa alegando que os populares foron os máis votados e teñen dereito a gobernar.

Esta mañá do mércores, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou o equipo municipal para manifestar o seu apoio ante a situación. A responsable nacionalista acusou directamente a Rueda de permitir “este atropelo democrático” e censurou a actitude de Elena Candia polo seu “afán desmedido de poder, aproveitando a morte de tres concelleiros para facerse coa Alcaldía”.

Pola súa banda, o voceiro municipal, Rubén Arroxo, cualificou a situación como un “golpe de estado municipal” e anunciou que, se se acredita que houbo compra de votos con praza laboral na Xunta para a concelleira non adscrita, emprenderán accións legais contra ambas. “Non descartamos que tanto Elena Candia como María Reigosa se senten no banco dos acusados”, explicou.

“COMPRA DUNHA TRÁNSFUGA”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avisou de que os máximos responsables do PPdeG, empezando polo seu presidente Alfonso Rueda, “terán que dar explicacións ante a xustiza” se o Partido Popular “compra o voto dunha tránsfuga” cun cargo público. “Se isto se confirma é unha vergonza democrática, un escándalo de envergadura”, dixo Pontón, que asegurou que non é só algo “reprobable” desde o punto de vista político, senón que constitúe “unha ilegalidade”.

“Polo tanto, os responsables desa ilegalidade, empezando polo señor Rueda, que é a máxima responsabilidade da Xunta de Galicia, terán que responder ante a xustiza”, subliñou Pontón, que incidiu en que “non vale todo na política”. A líder do BNG sostivo que Rueda non pode “pisar a dignidade dos veciños” de Lugo. “O PP non ten maioría para gobernar a cidade de Lugo e quere valerse de defuncións na cidade, da miseria persoal dalgunha xente —neste caso de persoas que figuraban nas listas do PSOE— para torcer aquilo que os veciños e veciñas decidiron nas urnas”, indicou.

Pontón afirmou que o que se sente na cidade é “indignación” porque “ninguén entende que esta moción de censura poida presentarse” e asegurou que “detrás hai só pactos escuros do PP e unha visión da política como un xogo de tronos”. Ademais, incidiu en que o PP amosa a “peor faciana da política“. “Cando se perde o respecto á cidadanía pérdese tamén o respecto á democracia e sen democracia non pode haber avance”, afirmou, lembrando que os veciños de

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...