InicioPolíticaA oposición de Outeiro pide amparo á Valedora pola non convocatoria de...

A oposición de Outeiro pide amparo á Valedora pola non convocatoria de plenos ordinarios

Os tres grupos da oposición denuncian que o popular José Pardo evita a convocatoria de plenos ordinarios para evitar a fiscalización do goberno local

PUBLICADA O

- Advertisement -

Por terceira vez no que vai de lexislatura, o alcalde de Outeiro de Rei evitou convocar o pleno ordinario. Sobre práctica recorrente de José Pardo, do Partido Popular, deberá pronunciarse a Valedora do Pobo logo da petición de amparo asinada polos tres grupos da oposición, que consideran que esta actitude violenta o dereito fundamental dos membros da corporación municipal de presentar propostas e fiscalizar o labor da alcaldía.

O escrito dirixido á Valedora está impulsado polo Bloque Nacionalista Galego, Foro Lugo Independente e Partido Socialista. As tres forzas da oposición denuncian que, como acontecera en setembro de 2016 e abril de 2017, o rexedor declinou celebrar o pleno  ordinario correspondente a outubro sen contactar co resto de grupos.

A trascendencia desta negativa débese a que o pleno ordinario permite aos representantes electos lanzar iniciativas propias e examinar as funcións do goberno local. Cando a sesión plenaria ten carácter extraordinario, a alcaldía –neste caso, o Partido Popular– ten a potestade de ditar a orde do día. A oposición mantén que sempre amosou disposición para cambiar as datas dos plenos.

Así, a petición asinada polos voceiros Xosé Ferreiro (BNG), Malena Ron (FLI) e Luísa Lombao (PSdeG) manifesta á Valedora a necesidade de celebrar os plenos ordinarios. De continuar o bloqueo, din contemplar outras actuacións, mesmo a convocatoria dun pleno extraordinario que na orde do día inclúa as iniciativas da oposición.

Nun comunicado, os tres grupos asinantes afirman que “o alcalde persegue con isto que a oposición non poida facer o traballo que a cidadanía lle encargou cos seus votos”. “Está a vulnerar dun xeito grave os dereitos das concelleiras e concelleiros electos”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...