InicioPolíticaA constitución da Deputación de Lugo producirase previsiblemente o 18

A constitución da Deputación de Lugo producirase previsiblemente o 18

Candia pide a socialistas e nacionalista que deixen gobernar a quen "gañou".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de ordenar a repetición das eleccións locais nunha mesa do municipio de Burela non terá incidencia na constitución da Deputación de Lugo, segundo informaron a EFE fontes do goberno provincial en funcións.

De feito, barállase o día 18 de xullo, xoves da próxima semana, como data para a celebración do pleno de constitución da nova corporación provincial, que salvo sorpresa estará presidida polo socialista José Tomé, se o PSdeG e o BNG chegan a un acordo, dado que entre os dous partidos de esquerda suman un deputado máis que o Partido Popular.

Os mesmos informadores aclararon que a data aínda non quedou fixada de forma oficial, aínda que é o día que se baralla como máis plausible para a celebración dese pleno, que terá lugar, en todo caso, antes da última semana do presente mes de xullo.

Tanto o Partido Popular como o Partido Socialista designaron aos seus deputados provinciais, mentres que o BNG fará o propio no Partido Xudicial de Lugo, segundo informaron desde a organización nacionalista, esta mesma semana.

ELENA CANDIA

Pola sua banda, a portavoz do grupo provincial e presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, anunciou que lle remitirá unha carta aos outros dous grupos con representación na Deputación para presentarlles o seu “proxecto de provincia” para gobernar a institución provincial durante o próximos catro anos, porque o seu partido foi “o que gañou as eleccións o pasado mes de maio”.

Despois de dar a coñecer os nomes dos doce deputados do Partido Popular na corporación provincial, Candia dirixiuse publicamente a socialistas e nacionalistas para pedirlles que lles deixen gobernar”, algo bastante improbable a día de hoxe, tendo en conta de que a suma de deputados do PSdeG e o BNG ten maioría absoluta no pleno.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...