InicioLugo e contornaLugoPodemos tras as pintadas de "Iglesias vividor": "O insulto terá a educación...

Podemos tras as pintadas de “Iglesias vividor”: “O insulto terá a educación e á honestidade como resposta”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Podemos Lugo, José Manuel Pérez Afonso, asegurou  que o partido e a súa militancia responderán “con educación, ilusión e honestidade” a quen recurra a accións  incívicas para expresar as súas posicións políticas. Pérez Afonso referíuse así aos autores das pintadas coas que apareceu a sede de Podemos en Lugo cunha frase na que se podía ler: “Iglesias vividor”.

“Seguimos a traballar para conseguir unha vida mellor para toda a xente, a que nos votou e a que non, incluso para quen nos insultan e tratan de silenciarnos. A intolerancia, o insulto e o vandalismo terán á educación, á ilusión e á honestidade como resposta”, dixo.

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, respaldou esa posición, denunciou as pintadas na sede de Lugo e suliñou que Podemos traballa precisamente para que os seus autores “poidan facer uso da súa liberdade de expresión sen medo e sen necesidade de pintar con sprays as sedes dos partidos”.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...