InicioEconomíaObras no tramo Monforte de Lemos-Lugo interromperán o servizo ferroviario e obrigan...

Obras no tramo Monforte de Lemos-Lugo interromperán o servizo ferroviario e obrigan a traslados por estrada

Renfe establece entre o 10 de xaneiro e o 10 de maio plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido entre este 10 de xaneiro e o 10 de maio de 2022 debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor. Por iso, Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados.

En concreto, Renfe estableceu un plan alternativo por estrada desde as 8,00 horas do día 10 xaneiro ata as 14,00 horas do 10 de maio. Respecto diso, indicou que se ofrece a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional –se é para a mesma clase, no caso de modificalos–, “se as novas condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes”. Con todo, Adif e Renfe “lamentan as molestias ocasionadas aos viaxeiros”.

Así o informou Adif nun comunicado, no que explica que durante este período actuacións en infraestrutura, que inclúe obras de drenaxe; pasos superiores; noiros de trincheiras e túneles, e en vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo, de 75 quilómetros de lonxitude.

A execución desta fase de obras é incompatible co tráfico ferroviario, xa que implica o levante da vía e instalacións en varios quilómetros do percorrido para permitir o rebaixe e sostemento nos túneles, ademais da adecuación das pontes existentes para a instalación da catenaria”, aclara Adif.Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), como é o número 9, que ten entre as súas metas desenvolver infraestruturas fiables, sustentables e de calidade”.

TRASLADOS POR ESTRADAS

Entre o 10 de xaneiro e o 9 de maio os trens Alvia e Intercity que pasen polo tramo en obras comezarán e terminarán viaxe en Monforte de Lemos, como os que saen e chegan a Lugo. Os traballos nese tramo tamén afectarán a usuarios de convois de media distancia, que serán trasbordados por estrada.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...