InicioDeportesC.D. Lugo - Dépor en prol do Banco Farmaceútico de Galicia

C.D. Lugo – Dépor en prol do Banco Farmaceútico de Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo e o Real Club Deportivo da Coruña xogarán o XXXV Memorial Manolo Martín, un partido amigable e benéfico en prol do Banco Farmaceútico de Galicia o vindeiro mércores 8 de agosto no estadio Ángel Carro de Lugo a partir das 20:30 horas. O encontro servirá de presentación do Club Deportivo Lugo ante a súa afección.

O custo das entradas será de 10 euros para o público en xeral e 5 euros para os socios do Club Deportivo Lugo. Os menores de 14 anos terán acceso de balde. A venda de localidades producirase en CDLU Store (de luns a venres de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 horas) e nas oficinas do estadio Ángel Carro (de luns a venres de 9:30 a 14 e de 16 a 19:30 horas), así como na oficina principal de Correos na Coruña, situada na rúa Manuel Casas S/N, en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 20 horas e o sábados dende as 10 ás 13 horas. A venda de entradas na Coruña comezará o mércores 1 de agosto.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...