InicioCulturaXavier Gómez Vila e Antonio Riveira Requeijo gañan o 'Xermade na Historia'

Xavier Gómez Vila e Antonio Riveira Requeijo gañan o ‘Xermade na Historia’

O Concello e os veciños de Cabreiros impulsaron a cuarta edición do certame, dotado con 2.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Xermade e a asociación de veciños de Cabreiros, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) fixeron público o fallo da cuarta edición do premio ‘Xermade na Historia’. O galardón, dotado con 2.000 euros, recaeu en Xavier Gómez Vila e Antonio Riveira Requeijo, autores da obra‘Xermade na Prehistoria. A paisaxe arqueolóxica no paleolítico, megalitismo e calcolítico’.

María José Rodríguez García, que presentou ao concurso ‘Patrimonio artístico-relixioso do Concello de Xermade: igrexas, capelas e ermidas’, obtivo o segundo premio, valorado en 1.000 euros.

O xurado estivo formado polo presidente do Consello da Cultura Galega e Catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares, natural de Cazás; polo escritor e técnico do Museo Provincial de Lugo Antonio Reigosa; por Manuel Souto, presidente da Asociación de Estudos Históricos e Sociais HUME deAs Pontes, e polo alcalde, Roberto García Pernas.

 

UN TRABALLO “COMPLETO E DIDÁCTICO”

Os expertos do xurado valoraron a investigación gañadora como “un traballo completo e de doada lectura”, que ten un ton “didáctico”. Os premiados recibirán os seus galardóns durante a celebración da décimo cuarta edición das Xornadas Interxeneracionais de Cabreiros.

+ posts

ÚLTIMAS

Evacúan en helicóptero un ciclista ferido tras caer por un terraplén na Pastoriza

Un ciclista resultou ferido de consideración tras sufrir unha saída de vía e precipitarse...

Restaurada a circulación na A-6 despois de día e medio cortada polo envorco dun camión en Baralla

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) informou na tarde deste venres da reapertura da...

Acusacións contra Candia desde a oposición: “autoritarismo, opacidade e impedir o control da oposición”

Os grupos municipais do PSOE e do BNG no Concello de Lugo cargaron duramente...

Olga Serrano, primeira muller á fronte da Fiscalía Provincial de Lugo

A fiscal xeral do Estado, Teresa Peramato, proporá ao Goberno o nomeamento de María...