InicioCulturaA Xunta quere facer da Casa-Torre da Tinería un novo "referente para...

A Xunta quere facer da Casa-Torre da Tinería un novo “referente para o Xacobeo”

PUBLICADA O

- Advertisement -

a Xunta quere que Lugo teña un novo referente para publicitar o Xacobeo. Así o suliñou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que este luns asinou un acordo de colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, para fixar os usos da Casa-Torre da Tinería, unha vez que sexa rehabilitada por parte da Xunta de Galicia.

O conselleiro precisou que ese inmoble será rehabilitado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, dentro do programa Rexurbe, grazas a unha partida orzamentaria que ascende a 780.000 euros, incluída nas contas da Xunta de Galicia para o próximo ano.

A idea é que, unha vez rehabilitado o edificio, sexa un “referente turístico e xacobeo”. Así, Rodríguez destacou que Lugo é un dos grandes puntos do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela, con servizos específicos para peregrinos e visitantes.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...