InicioCulturaUn espectáculo único “e sen subvencións” para celebrar os 40 anos do...

Un espectáculo único “e sen subvencións” para celebrar os 40 anos do Festival Pardiñas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Susana Seivane, Kevin Weatherill, Pepe Vaamonde, Sito Carracedo, Antón Reixa, Uxía, Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Souto protagonizarán o domingo 4 de agosto o espectáculo único “Cantando as corenta”, para celebrar o corenta aniversario do Festival Pardiñas de Guitiriz (Lugo).

Unha función de tres horas de música e baile que resume os fitos máis destacados da historia do Festival na que os solistas de estilos diversos estarán acompañados por unha banda de once instrumentistas, conformada por músicos que actuaron algunha vez en Pardiñas.

Esta edición especial do Festival de Pardiñas, que terá lugar entre os días 2 e 4 de agosto, foi presentada este mércores polos propios Xurxo Souto, Antón Reixa e Susana Seivane. No acto, o representante da asociación organizadora Xermolos, Alfonso Blanco, subliñou que a preparación deste festival durante corenta anos “foi un esforzo grande“, no que nunca tiveron “eses paraugas de subvencións” senón que fixeron “Pardiñas co esforzo, a loita, o traballo e o tesón”.

“SOLIDARIEDADE”

O cantante Antón Reixa destacou que esta cita “é un tesouro” no que a música se mantén con diversidade, vinculada sempre á festa e á solidariedade” e apuntou que en Pardiñas tamén se fan mostras relevantes “que teñen que ver coa artesanía e a construción de instrumentos”.

Susana Seivane adiantou que no espectáculo exclusivo “Cantando as Corenta” terá o pracer de cantar a súa versión da canción dos Diplomáticos “Eu quero ser ghaiteira”.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo, candidato do BNG para 2027 en Lugo coa “convicción” de recuperar o goberno

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, formalizou este luns a...

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Integrantes da Praza de Abastos piden unha reunión co novo goberno local

Responsables de locais da Praza de Abastos e do Mercado de Quiroga Ballesteros de...

Senadores do PP lucense reclama cubrir prazas vacantes e reforzar o persoal de Correos na provincia

O senador popular José Manuel Balseiro defenderá este martes na Comisión de Facenda do...