InicioSociedadeA Deputación autoriza que se retomen as visitas nas residencias de Pol...

A Deputación autoriza que se retomen as visitas nas residencias de Pol e A Fonsagrada

Levaban un tempo pechadas como medida de prevención ante o brote de Covid19 da Mariña

PUBLICADA O

A Deputación de Lugo tomou a decisión de permitir que se retomen as visitas aos centros de atención a maiores da Fonsagrada e Pol, que permanecían pechados a xente de fóra desde o pasado 5 de xullo, como medida de prevención ante o brote de Covid19 detectado na comarca da Mariña.
O goberno provincial ha informado de que, en todo caso, esa reapertura producirase en dúas fases, a primeira, que xa comezou, e a segunda, que se producirá transcorridos sete días, cando o servivicio de Benestar da Deputación avalíe a situación epidemiolóxica e os posibles riscos para os usuarios desas residencias.
Ambas as residencias avanzan desde hoxe á Fase 1, o que implica que se permiten dous visitantes por interno á semana, con cita previa, ademais de autorizar dúas saídas semanais por usuario cun máximo de dúas horas de duración, aínda que eses paseos deben producirse por lugares pouco concorridos para evitar riscos de contaxio.
Tamén se renova o servizo de quiropodia, dada “a importancia que teñen estes coidados para as persoas maiores e para o seu benestar”, informa o goberno provincial nun comunicado. Transcorridos sete días, o persoal de Benestar avaliará a situación epidemiolóxica da provincia para decidir se ambas as residencias poden avanzar e pasar á seguinte fase, que implicaría pautas máis flexibles para a entrada e saída de persoas alleas ao centro. Permitiríanse tres visitas á semana e retomaríase o servizo de barbaría.
+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...