InicioTerra CháVilalbaVilalba publica as bases para seleccionar un técnico de Medio Ambiente

Vilalba publica as bases para seleccionar un técnico de Medio Ambiente

A convocatoria permitirá cubrir unha vacante municipal vinculada á xestión ambiental, residuos, planificación sostible e control técnico de actividades e licenzas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras para a selección e provisión, mediante nomeamento interino, dunha praza de técnico de Medio Ambiente, correspondente ao subgrupo A2. A convocatoria responde á necesidade de cubrir unha vacante existente na estrutura municipal, dotada orzamentariamente e que actualmente non pode ser asumida por persoal funcionario de carreira.

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e as persoas aspirantes deberán contar coa titulación universitaria relacionada co ámbito ambiental, científico ou técnico, entre elas Ciencias Ambientais, Bioloxía, Enxeñería Técnica Agrícola, Enxeñería Técnica Forestal, Enxeñería Ambiental ou Arquitectura Técnica.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados desde o 14 de maio. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral Electrónico do Concello, empregando o modelo oficial recollido nas bases da convocatoria.

Entre as funcións do posto inclúense tarefas relacionadas coa xestión ambiental municipal, o seguimento técnico e administrativo de expedientes, a planificación de campañas de sensibilización cidadá, o control da xestión de residuos, a elaboración de informes técnicos ou a colaboración na tramitación de licenzas e actividades.

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “esta convocatoria permitirá reforzar unha área cada vez máis importante dentro da administración municipal, vinculada tanto á protección ambiental como á planificación e mellora dos servizos públicos”.

Rouco sinalou ademais que “o Concello continúa avanzando no reforzo da estrutura municipal e na incorporación de perfís técnicos que permitan mellorar a capacidade de xestión e resposta da administración local”.

A rexedora puxo en valor tamén “a importancia de seguir impulsando políticas relacionadas coa sustentabilidade, o coidado da contorna e a planificación responsable do municipio”. Desde o Concello lembran que toda a información relativa á convocatoria, así como as bases completas e o modelo de solicitude, poden consultarse a través da sede electrónica municipal e do Boletín Oficial da Provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...