InicioTerra CháVilalbaVilalba reclama unha reunión coa Xunta para tratar o estado da estación...

Vilalba reclama unha reunión coa Xunta para tratar o estado da estación de autobús

O pasado mércores a alcaldesa Marta Rouco remitiulle unha nova carta á directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Estación de Autobuses de Vilalba, propiedade da Xunta de Galicia, está nun estado de abandono que a alcaldesa, Marta Rouco, vén denunciando desde xaneiro de 2024, solicitando sen éxito unha intervención por parte do goberno galego.

O pasado mércores a alcaldesa Marta Rouco remitiulle unha nova carta á directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela, na que fai repaso do acontecido desde xaneiro de 2024 e lle reitera “a solicitude dun novo contacto con vostede, de xeito presencial preferiblemente e á maior brevidade posible, pola urxente necesidade de actuar sobre a infraestrutura”.

Na carta, a alcaldesa de Vilalba lémbralle que “dende outubro do 2024 envieille varios escritos relacionados coa estación, ademais de varios emails dende xaneiro do 2024 ao respecto de abordar a situación da infraestrutura, en estado de abandono, motivo polo que en outubro do 2024 realizou vostede unha visita á propia instalación, e no mes de xullo do 2025 mantivemos un encontro no que se comprometeu a trasladarme enseguida unha resposta á problemática plantexada”.

Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o pasado luns 13 de abril un Plan estratéxico de eficiencia enerxética nas estacións de autobuses da Xunta de Galicia, co obxetivo de actuar en 19 estacións de autobuses de Galicia, sete delas na provincia de Lugo, cun investimento de 7,7 millones de euros.

Sen ter ningunha dúbida das necesidades das infraestruturas referidas, a Estación de Autobuses de Vilalba, hoxe e dende hai tempo en estado de absoluto abandono, podería ter sido incluída no dito proxecto, dadas as actuacións que este contempla e que, alomenos, algunhas delas serían adecuadas á nosa infraestrutura”, engade Marta Rouco.

A alcaldesa confía “nunha pronta e satisfactoria resposta” por parte da Xunta para darlle solución a un problema grave que preocupa a toda a veciñanza de Vilalba.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...