InicioTerra CháVilalbaO PP denuncia diante da Garda Civil o ataque contra o busto...

O PP denuncia diante da Garda Civil o ataque contra o busto de Fraga en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Vilalba formalizou ante a Garda Civil denuncia polo ataque que sufriu o pasado fin de semana o busto de Manuel Fraga, situado na alameda da capital chairega, fronte á casa natal do que fose presidente da Xunta, falecido en xaneiro de 2012.

O pasado domingo a organización xuvenil vasca Gazte Koordinadora Sozialista (GKS) ensinaba nas súas redes sociais como había vandalizado o busto de Manuel Fraga, á vez que reivindicaba este acto dentro do 50º aniversario dos sucesos de Vitoria-Gasteiz –como se coñece á matanza do 3 de marzo de 1976–, nos que sitúan ao que foi ministro na ditadura de Franco e entón era ministro de Gobernación como “un dos principais responsables”.

Un día despois de que transcendese que o busto do expresidente da Xunta na súa localidade natal fora vandalizado, o grupo mostrou nunha publicación de ‘Instagram’ como varios membros se desprazaron en coche desde Euskadi ata Galicia para cubrir de pintura vermella o monumento.

Os populares cargaron con dureza contra esta actuación e promoven na Cámara autonómica unha declaración institucional na que buscan o apoio do resto de formacións para condenar o ataque.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O pleno da Deputación esixe á Xunta rectificar a reforma da residencia das Gándaras

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes esixir á Xunta que rectifique...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...

O PP provincial acusa a Carmela López de manter “as imposicións” de Tomé sobre os traballadores de Tragsa

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade...