InicioTerra CháVilalbaCarlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San...

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Ademais, o coñecido actor e humorista, fará un monólogo no Auditorio Municipal o sábado pola noite. O recinto feiral, na Praza da Constitución, contará cunhas 30 queixerías.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e nove, da súa senlleira Festa do Queixo de San Simón. Este ano, seguindo a estrutura de programa dos últimos anos, ademais dos postos dos queixeiros e queixeiras, contará con obradoiros de cociña, catas comentadas, concertos, animación musical e un innovador ‘Desafío Queixeiro’. Esa última actividade consistirá nunha cata interactiva a cargo da Eurepean Cheese Route, roteiro do queixo europeo no que vén de entrar recentemente o Concello de Vilalba.

Segundo nos explica a concelleira Paula Vigo, haberá uns 75 postos, nos que ademais das queixerías haberá propostas de artesanía, alimentación, etc. No que respecta ás queixerías, contarase con 32, delas 7 son de Vilalba da D.O.P. San Simón da Costa. O resto chegadas de Galicia pero tamén de puntos da península como Cádiz, Baleares ou Valladolid. E de fóra, unha será de Portugal.

PROGRAMACIÓN

A apertura do recinto feiral será o sábado 5 na Praza da Constitución ás 11:00 h. e ás 12:30 h. terán lugar dúas catas comentadas. Por un lado, unha de queixo San Simón’ a cargo de Salomé Beiroa; e por outro unha de tarta de queixo da man de Eduardo Balsa.

Ás 13:00 h., e no mesmo lugar indicado, haberá un Obradoiro de Cociña Infantil para que a cativada coñeza as posibilidades culinarias do Queixo de San Simón.

Xa pola tarde, o esperado pregón que terá como protagonista ao actor e humorista Carlos Blanco, e a entrega de premios da proba deportiva de BTT. Pero ollo, a participación de Blanco nesta Festa do Queixo de San Simón non rematará coas verbas dedicadas ao saboroso queixo afumado. Ás 20:30 h. ofrecerá un dos seus monólogos no Auditorio Municipal de Vilalba (entradas en www.entradasvilalba.es)

Carlos Blanco | AXM
Carlos Blanco | AXM

O remate á xornada chegará da man de dúas formacións musicais galegas moi de moda, De Ninghures e Fillas de Cassandra. A Praza de Santa María acollerá un concerto de ‘De Ninghures’ ás 22:00 h. e outro de ‘Fillas de Cassandra’ ás 23:00 h. A concelleira subliña que “este ano apostamos pola xuventude e por iso programamos estes concertos, pensando neles”.

O domingo 6 de abril a apertura do recinto feiral será ás 10:00 h. e ás 12:30 haberá un concerto da Banda de Gaitas Mato Vizoso na Praza da Constitución. Xa pola tarde, rematando a programación, de 17:00 a 20:00 h. baile no Centro Cultural co dúo ‘Hora Bruja’.

+ posts

ÚLTIMAS

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...