InicioTerra CháVilalbaMisa por Fraga en Vilalba a petición do PP local

Misa por Fraga en Vilalba a petición do PP local

A celebración terá lugar o día no que se cumpren 11 anos do seu falecemento: este domingo 15 de xaneiro. Será a partir das 19,30 horas na Igrexa de Santa María de Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Vilalba organizou unha misa en homenaxe ao expresidente galego Manuel Fraga, natural da localidade lucense, con motivo do décimo primeiro aniversario do seu falecemento.

Segundo informaron os populares, a celebración terá lugar o día no que se cumpren 11 anos do seu falecemento: este domingo 15 de xaneiro. Será a partir das 19,30 horas na Igrexa de Santa María de Vilalba.

Os populares trasladan que, con esta misa, queren lembrar a un vilalbés “recoñecido” e considerado “fundador da formación política que foi embrión do actual Partido Popular” e tamén “un dos pais da Constitución Española de 1978”.

Fontes da dirección autonómica do partido que lidera Alfonso Rueda confirmaron a Europa Press que prevé acudir a misar homenaxe de Vilalba o coordinador de Cultura do PPdeG, Daniel Chapela.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...