InicioTerra CháVilalbaVilalba conta xa cun novo supermercado de 700 metros de superficie

Vilalba conta xa cun novo supermercado de 700 metros de superficie

Trátase dun Autosevizos Familia que empregará a 24 persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio lucense de vilalba conta xa cun novo supermercado de grande superficie: trátase do novo Autoservicios Familia, que pasará a estar aberto na Rúa Ciudad de Lugo e contará con máis de 700 metros cadrados. A coñecida cadea, pertencente a Vegalsa, pasa así a contar con 51 tendas en Galicia, alcanzando os 62.000  m2 de sala de vendas.

Segundo destacan dende a empresa, o horario de apertura ao público será de 9:00 a 21:30 horas no inverno e de 9:30 a 22:00 horas no verán. En conxunto, o investimento dirixido a esta superficie comportará asemade a creación de 15 novos postos de traballo das 24 persoas que conformarán o cadro do supermercado –os outros nove son traballadores do anterior establecemento na localidade–.

A empresa destaca asemade a oferta alimenticia do centro, “especializada en frescos”, e destaca ser, de acordo coa OCU, “un dos supermercados con mellor prezo” da competencia a nivel estatal. A construción supuxo un investimento dun millón de euros, contando con aparcamento propio de 51 prazas.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...