InicioTerra CháVilalbaO PP rexeita no Parlamento crear un centro de día en Vilalba

O PP rexeita no Parlamento crear un centro de día en Vilalba

O PP cualifica de "curiosa" unha petición ata agora "inexistente" e que "coincide cunha polémica municipal por unha peonalización en Vilalba"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP rexeitou na comisión deste xoves a iniciativa socialista de crear un centro de día en Vilalba , presentada polo deputado do PSdeG Luís Álvarez.

socialista cualificou de “imperiosa necesidade” a dotación dun centro destas características ao pobo lucense ante o incremento de poboación envellecida. “O centro de día é necesario si ou si”, indicou Álvarez respecto da posibilidade de sufragar o centro cos Fondos europeos Next Generation. “Con ou sen eles, Política Social ten recursos dabondo”, destacou o deputado socialista.

A deputada nacionalista Olalla Rodil subliñou a este respecto “a necesidade de planificar actuacións en base á realidade demográfica galega e á cohesión social, e non a decisións arbitrarias”.

CRÍTICAS DO PP

Pola súa banda, o deputado popular Jose Alberto Pazos insistiu nos servizos dispoñibles na zona “e financiados pola Xunta” como son as gardarías, o servizo de coidados para o alzheimer, ou o Servizo de Atención non Fogar, “un dos máis demandados”. Tamén criticou que o PSdeG queira “construír novos centros limitando o funcionamento dos xa existentes”.

“Teñen que cesar o seu intento continuado de engano. Presentaron unha emenda de 600.000 euros ao orzamento de gastos correntes dos centros de día, pero queren un novo”, sinalou Pazos, que tachou de “curiosa” unha petición ata agora “inexistente” e que “coincide cunha polémica municipal por unha peonalización en Vilalba”. Álvarez cualificou este argumento de “pueril” e “inconsistente” e asegurou que isto reafirma “a falta de compromiso da Xunta co centro de día de Vilalba”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...