InicioLugo e contornaA alcaldesa de Vilalba atribúe a "un accidente" o incendio na nave...

A alcaldesa de Vilalba atribúe a “un accidente” o incendio na nave de xamóns

A rexedora ratifica que os danos materiais foron "importantes" pero que, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, descartou a intencionalidade e atribuíu a “un accidente” a orixe do incendio que este fin de semana calcinaba un terzo dunha nave de xamóns no municipio.

A propia rexedora ratificou que o lume quedou “declarado como extinto” na tarde do domingo e agora confía que “o máis axiña posible” se poida realizar a pertinente inspección para así “determinar o punto onde se iniciou” e que a empresa “poida recuperar, aínda que sexa parcialmente, a súa actividade nun breve período de tempo”.

Veleiro constatou que “os danos materiais foron importantes”, aínda que seguidamente congratulouse de que non houbese que lamentar “ningún dano persoal, nin leve nin grave”, neste episodio que obrigou á Xunta a activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga).

“Agora toca esperar que se poida pór en marcha o reinicio da actividade canto antes para estudar as necesidades da empresa e dos propios empregados”, subliñou.

En canto ás causas do incendio, a alcaldesa de Vilalba insistiu en que non foi intencionado e deslizou que se debeu “a unha desgraza, a algo accidental por acumulación de graxa e nalgunha área onde hai aparatos que puidesen producir algún tipo de contacto”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...