InicioSociedadeAs denuncias de falta de persoal na residencia de Vilalba chegan á...

As denuncias de falta de persoal na residencia de Vilalba chegan á Xunta

O Sindicato Labrego Galego esixe a Política Social que aclare se houbo recortes de persoal no eido de enfermería.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Caen as sospeitas sobre a residencia de maiores de Vilalba. O que no seu momento foi un dos centros de maiores con maior número de contaxios de toda a Comunidade —chegou a ter o 70% dos seus internos infectados— volve estar agora baixo o punto de mira tralas numerosas denuncias de persoas usuarios e familiares a respecto de supostas “deficiencias” na cobertura de persoal de enfermería.

As sospeitas destes familiares vén de ser recollida polo Sindicato Labrego Galego, que segundo apuntou recentemente acaba de levar ao Consello Galego de Benestar unha serie de cuestións para inquirir a veracidade destes supostos “recortes de persoal” nunha residencia que rexistrou varios mortos por covid antes de que as vacinas expulsaran o virus dos centros galegos.

“Margarida Prieto Ledo, en calidade de vogal do Consello Galego de Benestar en representación do Sindicato Labrego Galego, vén de solicitar ampla información neste órgano consultivo da Xunta para aclarar se a residencia de maiores de Vilalba, xestionada pola Fundación Hospital Asilo de Vilalba (FHAV), recortou o seu persoal sanitario nos últimos meses”, apuntaron dende o SLG.

“DEFICIENCIAS NA COBERTURA”

Segundo explican dende a formación, a solicitude á CGB fíxose “a raíz das denuncias de persoas usuarias que se queixaron de deficiencias na cobertura de persoal de enfermería”, sinalan. “Esta residencia, segundo datos da Consellaría de Política Social, debería contar cunha persoa como médica, sete enfermeiros ou enfermeiras e unha especialista en psicoloxía. Porén, segundo as denuncias das persoas usuarias, non contan con servizo de enfermería as 24 horas”, subliñan.

Por esta razón, o SLG anuncia que vén de inquirir unha serie de cuestións de cara a aclarar as sombras que penden sobre a FHAV. Entre elas está o número de persoal sanitario que lle corresponde á residencia, pero tamén se esa falta de persoal denunciada conta con base real, se os datos da residencia na web están actualizados e, finalmente, “coñecer cantas inspeccións se teñen feito nos últimos dous anos na residencia de persoas maiores FHAV”.

+ posts

ÚLTIMAS

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Vilalba reclama unha reunión coa Xunta para tratar o estado da estación de autobús

A Estación de Autobuses de Vilalba, propiedade da Xunta de Galicia, está nun estado...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...