O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este venres o municipio lucensede Vilalba, onde mostrou o seu apoio e puxo en valor o proxecto da alcaldesa socialista, Elba Veleiro.
Precisamente, a rexedora reivindicou a necesidade de que o Goberno galego comprometa coas necesidades do muncipio, entre as que situou a contrucción dun centro de día, o arranxo da estrada LU–119, así como o apoio para facer fronte aos gastos do servizo de axuda ao fogar.
COMPARECENCIA DE COMESAÑA
O secretario xeral do PSdeG esixiu a comparecencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para que informe no Parlamento de Galicia do uso “irregular” de 17 vacinas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).
Así o reclamou este venres durante a súa visita ao municipio lucense de Vilalba e despois de que na xornada do xoves o Servizo Galego de Saúde (Sergas) recoñecese que se vacinaron a un total de 17 persoas, que identificou como informáticos de centros da área sanitaria de Pontevedra, aos que non lle correspondía nesta fase por “erro”.
“Os responsables da área sanitaria están a evitar explicar con claridade que é o que ocorreu nos centros hospitalarios de Pontevedra nos que se administraron vacinas a persoas que non estaban nos protocolos establecidos“, sinala Gonzalo Caballero, que incidiu en que Comesaña debe informar deste caso en sede parlamentaria.
Así mesmo, na súa visita, volveu a reclamar que a Xunta reforce o sistema sanitario para que todas as vacinas que cheguen a Galicia sexan usadas coa “maior celeridade”, “que non queden nos conxeladores nin un día, de forma que na medida na que estean dispoñibles úsense con carácter inmediato”, manifestou.
AXUDAS Á HOSTERÍA
Ademais, na súa intervención, Gonzalo Caballero celebrou que a Xunta “reaccionase” e anunciase “que ía incrementar en 50 millóns” os fondos para a hostalaría e o turismo, “dúas horas despois de que o PSOE propuxese ao clúster de turismo un rescate con 62 millóns de euros”. Neste sentido, celebrou que o Gobiero galego “reaccionase” e “empezo a tomar medidas” para un dos sectores máis afectados polas restricións para facer fronte á covid-19.
Todo iso nunha intervención na que pediu fuxir de “debates gratuítos e estériles” sobre as restricións. “Cremos que se deben de tomar todas as medidas para loitar contra o virus, contra a terceira onda, e prever todos os escenarios que se poidan dar”, apuntou.
REIVINDICACIÓNS DE VILALBA
Gonzalo Caballero visitou este venres o municipio lucense de Vilalba, onde mostrou o seu apoio e puxo en valor o proxecto da alcaldesa socialista, Elba Veleiro.
Precisamente, a rexedora reivindicou a necesidade de que o Goberno galego comprometa coas necesidades do muncipio, entre as que situou a contrucción dun centro de día, o arrglo da estrada LU–119, así como o apoio para facer fronte aos gastos do servizo de axuda ao fogar.