InicioPolíticaO PP de Vilalba presenta unha xestora "renovada" co obxectivo de volver...

O PP de Vilalba presenta unha xestora “renovada” co obxectivo de volver gobernar

A deputada Sandra Vázquez acompañarase dun equipo que combina "experiencia e xuventude", xa coas miras postas nas vindeiras eleccións municipais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da xestora do Partido Popular de Vilalba, Sandra Vázquez, presentou este xoves o equipo que a acompañará neste órgano para recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Trátase, di, dun grupo “amplamente renovado” para construír un proxecto “gañador” e “de goberno”.

Fórmano dez persoas “moi coñecidas” no concello debido á súa actividade e perfil profesional, entre as que se inclúen empresarios, traballadores do sector servizos, sanitario, educación ou deportivo. Así é todo, a xestora queda “aberta” a posibles incorporacións nos vindeiros meses.

A popular destacou o carácter “paritario” do grupo, que tamén combina “experiencia e xuventude“: tan só o primeiro da lista conta con máis de 60; o resto, sitúase entre os 24 e os 50 anos. “Cremos que, nestes momentos, o que máis precisamos como partido é aprender dos que contan con máis percorrido en política pero tamén dos que, por idade, representan aire novo, entusiasmo e gañas de facer cousas polo noso pobo”, indicou. 

“Son un equipo comprometido e con ganas de traballar para que o PP volva gobernar en Vilalba. Agradezo que desen este paso adiante e o seu compromiso para seguir sumando e devolver o prestixio que tiñamos como Concello e sociedade antes da chegada dos socialistas ao goberno”, afirmou.

Na presentación, Vázquez estivo acompañada pola presidenta do PP provincial, Elena Candia, quen agradeceu o traballo realizado durante estes meses por parte do grupo municipal. Candia aledouse deste grupo tan “ecléctico” que “saberá empatizar co sentir dos vilalbeses para logo levar o PP á alcaldía”.

A LISTA COMPLETA

Os nomes que configuran a lista son os seguintes: Sandra Vázquez, da parroquia de Torre, deputada autonómica e extraballadora da banca; José Franco Criado (Vilalba), xubilado e presidente provincial de voluntarios de Protección Civil; Agustina Fernández Pérez (Lugo), farmacéutica no centro de saúde vilalbés; José Manuel López Barrio (Vilalba), director do colexio de Román); María Flor Rey Martínez (Goiriz), traballadora; José María García-Leira Boado (Vilalba), empresario; Inmaculada Ramudo Rodríguez (Corvelle), enxeñeira técnica en topografía; José Manuel Seoane Pernas (Román), empresario); Fany González López (Belesar), matrona; e Carlos Rivas Cordal (San Cosme de Nete), traballador de Entrepinares e persoa moi vinculada ao deporte vilalbés.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...