InicioSociedadeO Sindicato Labrego critica a "desidia" de Vilalba ao non abrir os...

O Sindicato Labrego critica a “desidia” de Vilalba ao non abrir os mercados agrogandeiros

"Outros concellos da contorna, como Castro de Rei, si que fixeron os deberes e retomaron a feira a semana pasada", apuntan, en referencia a unha actividade que Medio Rural xa permite.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia a “desidia” do Concello de Vilalba, que “non fixo nada para reactivar” as feiras de produtos agrogandeiros malia que esta actividade xa está permitida dende o 4 de maio en Galicia. “Nin o mercado semanal dos martes nin o feirón da semana que vén, o 19 de maio“, critican.

A organización sindical di non ter constancia de que o goberno local se puxese en contacto coas labregas e labregos que venden habitualmente nestes mercados. “Outros concellos da contorna, como Castro de Rei, si que fixeron os deberes e reabriron a súa feira de alimentos a semana pasada”, exemplifican.

“Aínda sendo conscientes das restricións, dos estritos protocolos e de que a afluencia de xente será escasa os primeiros días”, dende o SLG consideran “moi importante” que estes mercados vaian recuperando a súa actividade para “normalizar” de novo a canle de comercialización. 

“Resulta desconcertante que unha capital rural como Vilalba, cuxa economía depende totalmente da actividade agrogandeira —con dúas feiras semanais, unha mensual e o feirón— estea a demostrar esta desidia”, insisten. O sindicato asegura que trasladaron unha instancia ao goberno para preguntar por esta cuestión, sen obter ningunha resposta.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...