InicioTerra CháGuitirizArquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A xuíza explica no auto que a documentación achegada proba que asistiu a unha Xunta de Goberno Local de forma telemática mentres estaba de viaxe oficial en Portugal

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2, acorda o sobresemento provisional e o arquivo da causa aberta tras a denuncia interposta polo portavoz dun grupo municipal do Concello de Guitiriz contra a alcaldesa por presuntos delitos de prevaricación administrativa, malversación de fondos públicos e falsidade en documento público ou oficial.

A denuncia baseábase na percepción de dietas, as cales ascenderon a 381,65 euros, por unha viaxe oficial a Portugal, alegando incompatibilidade entre a presenza da alcaldesa no estranxeiro e a súa asistencia á Xunta de Goberno Local celebrada o 10 de decembro de 2025.

A documentación presentada, segundo consta no auto, acredita que a alcaldesa percibiu as dietas conforme ao establecido no acordo plenario correspondente e que a súa asistencia á Xunta de Goberno Local foi telemática, o que desvirtúa as afirmacións da denuncia.

No auto, a xuíza explica que, tras practicar as dilixencias que se consideraron necesarias, “o resultado das mesmas non logrou confirmar a existencia de indicios suficientes da comisión dos feitos denunciados”. A resolución non é firme, pois contra ela cabe interpoñer recurso.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...