InicioEconomíaA Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

Os traballos, nos que a institución provincial inviste 120.000€, afectan á LU-P-1402 á altura da parroquia de Vilaver e consisten na reposición da plataforma danada mediante a construción dun muro de sostemento e a reposición do pavimento

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes polas intensas choivas caídas durante o inverno, a LU-P-1402. Esta vía que conecta San Martiño da Ribeira e Vilaquinte por Quindous colapsara á altura do quilómetro 12, ao seu paso pola parroquia de Vilaver, obrigando a institución provincial a restrinxir o tráfico, permitindo exclusivamente o paso do transporte escolar.

Os traballos que se están a realizar, cun investimento da Deputación de 120.000€, consisten na reposición da plataforma danada mediante a construción dun muro de sostemento para darlle estabilidade á vía e a reposición do pavimento. A empresa que realiza estas obras, declaradas de emerxencia en marzo na Xunta de Goberno, é Bascuas 2008 SL, que ten un prazo de execución de tres meses.

Situada nos Ancares, esta estrada é clave para a comunicación de varias parroquias no concello cervantego, porque dá servizo a numerosos núcleos e acceso a servizos básicos como escolas e centros médicos. Nesta zona de montaña, sen alternativas directas, os desvíos obrigaron á veciñanza a percorrer máis quilómetros.

A actuación da institución provincial permitirá reducir os tempos de desprazamento e reforzar a seguridade viaria nunha contorna especialmente complexa desde o punto de vista orográfico.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...