InicioCulturaA adaptación teatral de 'Fariña' desembarca en Vilalba

A adaptación teatral de ‘Fariña’ desembarca en Vilalba

Xosé A. Touriñán, María Vázquez, Marcos Pereiro, Cris Iglesias e Sergio Zearreta interpretarán a historia do narcotráfico galego, previamente plasmada por Nacho Carretero nun exitoso libro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A adaptación teatral da exitosa obra ‘Fariña‘ (Nacho Carretero) chega este venres 24 de xaneiro a Vilalba, da man da área de Cultura do Concello. A cita será ás 20:30 horas no Auditorio municipal Carmen Estévez.

Xosé Antonio Touriñán e o propio Nacho Carretero son os promotores desta nova versión do libro sobre o narcotráfico en Galicia durante as últimas décadas do século pasado. Dirixida por Tito Asorey, esta obra conta con actores como María Vázquez, Marcos Pereiro, Sergio Zearreta, Cris Iglesias e o propio Touriñán.

As entradas, cun prezo de 18 euros, poden mercarse en Ataquilla.com.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...